RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Selección da AFAC e o Valladolid, rivais do Depor Cadete no Torneo Cidade de Cristal

A Selección da AFAC e o Real Valladolid serán os dous rivais do Deportivo en categoría cadete na primeira fase do Torneo Internacional Cidade de Cristal que, organizado pola AFAC (Asociación de Fútbol Afeccionado Coruñés) celebrarase do 27 de xuño ao 1 de

Ademais, o Dépor competirá tamén en infantís, coa Selección da AFAC e o Vitoria de Guimaraes portugués como rivais nesta primeira parte da competición.

O campión de cada grupo xogará as semifinais, sumándose o mellor segundo clasificado. O torneo conta coa presenza, entre outros conxuntos, do Celta, Sporting de Xixón ou Valencia.

O calendario de partidos dos dous equipos deportivistas é o seguinte:

Martes 27 de xuño
Infantil: 17.30, herba artificial: Selección AFAC - Deportivo

Mércores 28 de xuño
Cadete: 16.00, herba natural: Deportivo - Selección AFAC

Xoves 29 de xuño
Cadete: 16.00, herba natural: Valladolid - Deportivo
Infantil: 17.30, herba artificial: Deportivo - Vitoria Guimaraes

As semifinais e partidos de consolación celebraranse o venres 30 de xuño. Para o sábado 1 de xullo están previstas as finais e os partidos polo terceiro e cuarto posto.