RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A selección española sub-17 de David Mella mídese a Portugal mañá xoves nos cuartos de final do Europeo

- Foto: @SeFutbol -

David Mella representa a #ANOSACANTEIRA na fase final do Campionato de Europa sub-17 que se xoga en Israel.

Portugal será o rival de España e do canteirán branquiazul na eliminatoria de cuartos de final que se xogará mañá xoves 26 ás 19:00 horas no Netanya Stadium da localidade de Netanya.

A selección lusa acabou a primeira fase como segunda do grupo D con 2 vitorias fronte a Escocia (1-5) e Suecia (4-2); e 1 derrota ante Dinamarca (1-3), ao cabo primeira.

España abriu a súa participación o martes 17 de maio impóndose a Turquía por 0-2. Mella arrancou o choque no banco e no minuto 68 relevou a Dani Rodríguez.

Bélxica, o venres 20, foi o segundo rival do futbolista branquiazul e o seu equipo. Gañaron os españois (2-0), un resultado que clasificou xa aos pupilos de Julen Guerrero a cuartos de final. Mella tamén empezou de suplente e saltou ao campo no minuto 73 en substitución de Dani Pérez.

No último partido de España o luns 23 ante Serbia, Mella saíu de inicio por primeira vez no que vai de torneo. O futbolista branquiazul adiantou á selección cun soberbio dereitazo desde fóra da área no minuto 76. Jovan Milošević, de penalti no minuto 88, fixo o tanto do empate definitivo cando Serbia xogaba con dez por expulsión de Jovan Mijatović no minuto 78. Xusto despois do gol balcánico, Mella foi substituído por Miguel Carvalho.

O calendario de partidos da selección española sub-17 é o seguinte:

Martes 17 de maio
TURQUÍA 0 - ESPAÑA 2

Venres 20 de maio
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 0

Luns 23 de maio
ESPAÑA 1 - SERBIA 1

Cuartos de final
Xoves 26 de maio
19:00 (hora peninsular): ESPAÑA - PORTUGAL, no Netanya Stadium

Alemaña-Francia, cuxo vencedor sería o hipotético rival de España en semifinais; Países Baixos-Italia e Dinamarca-Serbia son os outros enfrontamentos de cuartos de final. As semifinais terán lugar o domingo 29 de maio e a final será o mércores 1 de xuño.