RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A socia máis veterana do Dépor goza no palco do Molinón dun día inesquecible

O consello de administración do Deportivo, co seu presidente Tino Fernández á cabeza, quixo ter un detalle especial coa socia máis veterana do Dépor en vésperas do día da muller. Josefa "Finuca" Armesto Rey, a muller cun abono máis antigo do Dépor (socia 21 do RC Deportivo, 67 anos de abonada) foi convidada polo Club para gozar hoxe dunha xornada diferente.

Anos despois do seu último desprazamento co Deportivo, acompañou ao consello de administración do Deportivo ata terras asturianas para gozar, desde o palco de honra do estadio do Molinón, dun dos partidos máis importantes da temporada. Aos seus 87 anos, Finuca viviu hoxe unha xornada inesquecible, como tantas outras que garda na súa memoria tras toda unha vida sendo unha incondicional seguidora do Dépor. A viaxe a Xixón evocoulle outros desprazamentos que fixo co equipo, como un a Monforte cando o Dépor militou en terceira división.

Finuca xa protagonizou hai uns meses un entrañable vídeo de presentación da plataforma de recollida de material fotográfico do Dépor: recordos.rcdeportivo.es