RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

A solidariedade branquiazul chega a Uganda

O Real Club Deportivo continúa colaborando cos seus afeccionados e outras institucións para estender a solidariedade e o deportivismo polo mundo. O socio 4.879 do Real Club Deportivo, Alberto Ferreño, decidiu investir os seus días de vacacións en Fort Portal, unha pequena cidade ao suroeste de Uganda, a uns 300 quilómetros ao oeste de Kampala.

Alí participou nun programa de voluntariado deportivo cunha ONG Local, concretamente VOLCOP Academy, polo que solicitou ao departamento de Responsabilidade Social do Club a súa colaboración. Esta chegou a modo de doazón de material deportivo para a escola. Este proxecto de voluntariado leva a cabo en escolas de educación primaria, desenvolvendo actividades deportivas para nenos e nenas que moitas veces teñen que camiñar entre 2 e 5 horas para chegar a as escolas.