RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A TV do Deportivo en Internet pioneira en Galicia e no Fútbol español

Saúdos a todos os deportivistas e afeccionados ao fútbol en xeral que hoxe se achegan a Canaldeportivo.TV, a primeira canle de TV por Internet dun Club de Fútbol español, unha iniciativa do Real Club Deportivo da Coruña que é pioneira en Galicia e que se

O Real Club Deportivo, unha entidade xa centenaria, unha vez máis quere estar á vangarda tecnolóxica e ser pioneiro, empregando todos os medios de comunicación posibles e as tecnoloxías emerxentes para estar aínda máis preto dos seus afeccionados, porque desa comuñón club-afección xurdirá a forza necesaria para remontar os malos momentos e permitiranos ir abrindo camiño, tentando facer felices aos deportivistas e continuar xerando ilusións.

A través de Canaldeportivo.TV teremos un medio máis próximo, máis directo para ofrecer a actualidade do Club, a información deportiva e institucional, o seguimento do primeiro equipo, as categorías inferiores, resumos de partidos, entrevistas a xogadores, dar a coñecer as instalacións do Mundo do Fútbol, das empresas do Grupo Deportivo, colaborar na promoción turística da Cidade, de Galicia,....

O Deportivo tamén quere ser pioneiro na exploración de novas canles para a difusión de contidos, en particular aqueles vinculados á televisión interactiva e na difusión de contidos de televisión a través dispositivos móbiles, logrando ademais novas fórmulas de xerar ingresos para o Club a través de spónsores e anunciantes, e ao mesmo tempo potenciando a marca Real Club Deportivo da Coruña.

Aínda que Canaldeportivo.TV xa é unha realidade, estará a incorporar novos contidos e servizos, e continuará en constante desenvolvemento durante os próximos meses. O obxectivo é convertelo nun completo e nova canle de televisión por Internet e levalo tamén aos dispositivos móbiles, polo que vos convidamos a participar na súa concepción e na súa evolución diaria cara a unha canle de televisión interactivo, en mobilidade, persoal, baixo demanda, ...

Con Canaldeportivo.TV queremos ademais que os afeccionados branquiazuis que seguen ao equipo na distancia sintan ao Club un pouco máis preto, porque tamén así seguiremos levando a imaxe e o nome do Deportivo e da Coruña por todo o mundo.

Agora máis que nunca, Forza Depor.