RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Á venda a partir do martes as entradas de público para o CD Leganés - RC Deportivo deste luns 1 de setembro ás 21:30 en Butarque

Desde mañá, martes 26 de agosto, están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida de La Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo este luns 1 de setembro ás 21:30 no estadio de Butarque ante o CD Leganés na 3ª xornada de LaLiga Hypermotion.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que o CD Leganés envíe as entradas.

O club madrileño asignou un total de 254 localidades na bancada visitante ao prezo de 25 euros. 102 destas serán xestionadas pola Federación de Peñas.

A data límite será o xoves 28 de agosto ás 13:30. O horario da OAD é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Se non podes asistir á OAD no horario citado, podes enviar un correo electrónico á dirección atencion.deportivista@rcdeportivo.es.