RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas de público para o Granada CF - Deportivo deste sábado 16 de agosto ás 21:30 no Nuevo Los Cármenes

Desde hoxe luns 11 de agosto están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida de La Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo este sábado 16 de agosto ás 21:30 no Estadio Nuev Los Cármenes ante o Granada CF na 1ª xornada de LaLiga Hypermotion.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que o Granada CF envíe as entradas.

O club granadino asignou un total de 606 localidades na bancada visitante ao prezo de 25 euros. O 40% das mesmas, un total de 243, serán xestionadas pola Federación de Peñas.

A data límite será o xoves 14 de agosto ás 13:00. O horario da OAD é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.