RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS28 abr 2025

Á venda as entradas de público para o partido ante o Albacete Balompié deste domingo 4 de maio ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR

Están á venda as entradas de público para o partido ante o Albacete Balompié do domingo 4 de maio ás 21:00 horas correspondente á xornada 38ª de LaLiga Hypermotion.

Os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior (necesario ser abonado desta bancada), Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e na OAD de luns a venres co seguinte horario: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.