Debido ao sorteo da Copa del Rey, LaLiga modificou o horario do encontro entre o Deportivo e a Real Sociedad B correspondente á 18ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Fixado inicialmente para o domingo 14 ás 14 horas en ABANCA-RIAZOR, o partido xogarase o sábado 13 de decembro ás 21:00 horas.
Por conseguinte, aqueles afeccionados que compraron as entradas para o domingo poden utilizalas o sábado.
En caso de non poder asistir debido ao cambio de data, o Club devolveralles o importe das mesmas.
As entradas pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:30.
Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.
Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.
