RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas para o Dépor - Real Valladolid do domingo 26 de outubro ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda as entradas para o partido do domingo 26 de outubro ás 21:00 fronte ao Real Valladolid en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 11ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Pódense adquirir en calquera momento a través de bancada.rcdeportivo.es e tamén na a Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) co seguinte horario de luns a xoves: de 9.15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas.

Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.