RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas para o Dépor - SD Huesca do venres 19 ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda as entradas para o partido do venres 19 de setembro ás 20:30 fronte á SD Huesca en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 6ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Pódense adquirir en calquera momento a través de bancada.rcdeportivo.es, onde será necesario introducir o IDE e o PIN; e tamén na a Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) co seguinte horario de luns a xoves: de 9.15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas.

O venres, día do partido, a OAD estará pechada e abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes desde as 17:00 até as 21:30 horas.

Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.