O RC Deportivo pon á venda desde o venres 29 de decembro na Oficina de Atención ao Deportivista as entradas para o encontro da 18ª xornada de LaLiga Santander ante o Villarreal do domingo 7 de xaneiro ás 18:30 horas no Estadio de La Cerámica.
As entradas, á venda até o xoves 4 de xaneiro de 2018 ás 13:30 h. en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h., teñen un prezo de 15 euros e corresponden á Bancada Visitante.
Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo.
Os peñistas deberán xestionar as súas entradas a través da Federación de Peñas.