Ao final será mañá xoves cando o persoal deportivista en pleno, salvo César e Djalminha, lesionado o primeiro e sancionado o segundo, salga de Riazor cara a Santander.
A viaxe aprazouse un día e mañá ás 15:00 horas sairán do Estadio cara ao Balneario onde permanecerán concentrados ata o domingo, lonxe da presión da Coruña, preparando o partido ante o Racing.
O luns a expedición branquiazul regresará á cidade herculina en avión desde Bilbao vía Santiago.