RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A visita mañá do Fabril FC Alevín, xa campión do seu subgrupo, ao San Tirso SD abre a fin de semana de partidos

Un amigable do Fabril FC Benxamín onte martes na Cidade Deportiva contra o Compañía de María A, equipo que milita no subgrupo 1º da Segunda A Coruña - As Mariñas, foi a primeira cita esta semana para #ANOSACANTEIRA.

O equipo de Alberto Bonigno impúxose (10-5) despois dun bonito partido no que o resultado é o de menos.

A xornada ligueira arranca mañá xoves 16 de marzo ás 19:15 co partido no Monte entre o San Tirso SD e o Fabril FC Alevín, correspondente á 17ª xornada no subgrupo 2º de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.

A falta de 2 partidos para concluír esta primeira fase da competición, os fabrilistas son xa campións do subgrupo posto que avantaxan en 6 puntos e o golaverage respecto do seu inmediato perseguidor, o Atlético San Pedro.

Boa parte dos equipos de #ANOSACANTEIRA xogan en casa, cunha gran fin de semana de fútbol en Abegondo.

O sábado o partido estrela é o derbi coruñés na Cidade Deportiva entre o Fabril e o Atlético Arteixo, a partir das 17:15.

Os fabrilistas chegan despois dunha derrota o pasado domingo na Grela 1 co Silva SD, aínda que seguen á fronte de Tercera RFEF con 2 puntos de vantaxe sobre o Arosa SC.

Pouco antes, ás 16:30 e tamén en Abegondo, o Xuvenil A mídese ao Real Oviedo, un dos equipos da zona alta da clasificación.

Os pupilos de Manuel Pablo seguen vivos na liga e con opcións de ser campións, pero contan con pouca marxe de erro.

Fóra de casa, o Deportivo ABANCA B visita ao Olímpico de León ás 17:00 horas.

As branquiazuis mandan na Primeira Nacional con 2 puntos de vantaxe sobre o Sporting de Gijón.

Será baixa Elena Vázquez, que disputa en Serbia coa selección española sub-17 a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia son os rivais. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

A segunda cita de Elena Vázquez e a selección foi este mediodía ante as anfitrioas do torneo. A defensa branquiazul saíu ao campo no minuto 58 en substitución de Daniela Martínez nun partido resolto claramente a favor das hispanas (0-5).

O pasado domingo, ante Bielorrusia na 1ª xornada, Elena Vázquez seguiu desde o banco un choque que acabou tamén en goleada española: 6-0.

O sábado 18 será o último partido para a canteirá deportivista nesta Fase de Clasificación, ás 14:00 fronte a Dinamarca.

Tamén compiten o sábado fóra, ademais do Alevín A e os dous equipos benjamines na Torre, o Cadete en Viveiro (16:30) e o San Tirso SD Cadete na Grela 1 (10:00) fronte ao Ural Español CF.

Os cadetes branquiazuis Anxo Regueiro, Lucas Castro, Pablo García, Nico Ruiz, Rubén Fernández e Samuel Fernández disputaron un partido amigable onte no campo do Urdilde (Rois) fronte á SD Compostela de División de Honra xuvenil. A esta convocatoria houbo que sumar a Iker Fernandez, do San Tirso SD Cadete.

O obxectivo para Galicia foi o de preparar o Campionato de España que se xogará na Comunidade Valenciana do 31 de marzo ao 2 de abril.

E no Alevín A, Iker Obeso, Antón Vilariño, Thiago Montes e Brais Taín estiveron hoxe mércores nun adestramento en Rois da selección galega sub-12.

O domingo 19 xóganse dous partidos na Cidade Deportiva, ambos ás 12:00. O Xuvenil B, en plena loita polo liderado da Liga Nacional, recibe ao CD Choco; e o Infantil ao Cidade de Ribeira CF.

Tamén compiten en casa o Orzán SD Xuvenil Feminino na Primeira Autonómica, ás 16:00 na Torre ante o Tomiño FC Femenino; e o Orzán SD Cadete B Feminino na Segunda Autonómica, ás 16:15 en Elviña Grande ante o Galicia Caranza.

Como visitante o San Tirso SD Infantil mídese ás 10:00 en San Pedro de Visma 2 ao Ural Español CF.

Esta semana tócalle descanso ao Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11; ao Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo Título da Liga Galega; e ao Orzán SD Cadete Feminino, campión do subgrupo A da Liga Galega e á espera do calendario da Fase Final polo título.

As orzanistas Emma Gandoy e Valentina Millón participarán coa selección galega sub-15 nun adestramento mañá xoves 16 ás 17:30 no campo da Braña en Rois.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
25ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ARTEIXO, o sábado 18 de marzo ás 17:15 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 47 puntos; 2. Arosa SC, 45 puntos; 3. Rápido de Bouzas, 42 puntos... 8. Atlético Arteixo, 31 puntos...

Categoría feminina
23ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 18 de marzo ás 17:00 nas instalacións do Olímpico de León
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 56 puntos; 2. Sporting de Gijón, 54 puntos; 3. Real Avilés CF e Victoria CF, 48 puntos... 7. Olímpico de León, 39 puntos...

23ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - TOMIÑO FC FEMeNINO, o domingo 19 de marzo ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 55 puntos; 2. CD Lugo, 51 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino, 50 puntos; 4. Bergantiños CF, 46 puntos... 9. Tomiño FC Femenino, 33 puntos...

19ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - GALICIA CARANZA, o domingo 19 de marzo ás 16:15 en Elviña Grande (A Coruña)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino, 47 puntos; 2. Atlético San Pedro (un partido menos), 44 puntos; 3. Unión Campestre FC, 38 puntos... 9. Galicia Caranza, 22 puntos...

Clasificación final do subgrupo A da Liga Galega: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 48 puntos; 2. Victoria CF, 39 puntos; 3. Colegio Obradoiro, 33 puntos; 4. CF Noia, 30 puntos...

Clasificación da Fase polo Título da Liga Galega: 1. UD Mos e SCD Pastoriza, 6 puntos; 3. Victoria FC e Orzán SD Infantil Feminino, 3 puntos; 5. Atlético Arousana e EFF Rosalía, 0 puntos

Categoría xuvenil
24ª xornada: XUVENIL A - REAL OVIEDO, o sábado 18 de marzo ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 57 puntos; 2. Sporting de Gijón, 56 puntos; 3. Xuvenil A, 54 puntos; 4. Real Racing Club, 41 puntos; 5. Real Oviedo, 40 puntos...

25ª xornada: XUVENIL B - CD CHOCO, o domingo 19 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 55 puntos; 2. Xuvenil B, 51 puntos; 3. Pontevedra CF, 50 puntos; 4. Pabellón Ourense CF e CD Choco, 45 puntos...

Categoría cadete
26ª xornada: VIVEIRO CF - CADETE, o sábado 18 de marzo ás 16:30 en Cantarrana

26ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 18 de marzo ás 10:00 na Grela 1

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 73 puntos; 2. RC Celta, 63 puntos... 8. Ural Español CF, 37 puntos... 16. San Tirso SD Cadete, 27 puntos... 20. Viveiro CF, 4 puntos

Categoría infantil
23ª xornada: INFANTIL - CIDADE DE RIBEIRA CF, o domingo 19 de marzo ás 12:00 en Abegondo

23ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 19 de marzo ás 10:00 en San Pedro de Visma 2 (A Coruña)

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 63 puntos; 2. Infantil, 56 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 51 puntos... 6. Ural Español CF, 38 puntos... 12. San Tirso SD Infantil, 20 puntos... 15. Cidade de Ribeira CF, 13 puntos...

Categoría alevín
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. CD Lugo e Alevín, 9 puntos; 3. SDCyR Narón Freixo e San Tirso SD, 6 puntos...

16ª xornada: ALEVÍN A - VICTORIA CF, o sábado 18 de marzo ás 13:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 45 puntos; 2. Ural Español CF, 36 puntos... 5. Victoria CF, 24 puntos...

17ª xornada: SAN TIRSO SD - FABRIL FC ALEVÍN, o xoves 16 de marzo ás 19:15 no Monte (San Tirso)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín, 43 puntos; 2. Atlético San Pedro, 37 puntos... 5. San Tirso SD, 25 puntos...

Categoría benxamín
16ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, o sábado 18 de marzo ás 9:30 na Torre (campo 3.1)

Amigable (disputado onte): FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Jorge Víboras, Brais Iglesias e Adrián Souto) - COMPAÑÍA DE MARÍA 5
16ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - CF DEPORTIVO ORZÁN, o sábado 18 de marzo ás 11:30 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 39 puntos; 2. Ural Español CF, 34 puntos... 5. Victoria CF, 21 puntos; 6. Fabril FC Benxamín, 17 puntos... 9. CF Deportivo Orzán, 0 puntos