RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A web Vavel cualifica ao Deportivo como ''un equipo de marca''

A página web Vavel desmenuza todos os récords que foi capaz de bater o Real Club Deportivo nunha tempada inesquecible para todo o deportivismo. 

"A tempada 2011-2012 será lembrada na Coruña para sempre. O Deportivo, un grande deste deporte, xogaría na Segunda División do fútbol español. Sen vir abaixo e comandando a nave José Luís Oltra, sóubose facer un grupo de profesionais que mesturaban xente de experiencia con mocidade e canteira, unha mestura que devolveu co ascenso a Primeira División a todo un campión de Liga, ao sitio que se merece só un ano despois do seu descenso de categoría. Este Depor será lembrado como o equipo das marcas, por iso presentámoslles este artigo a modo resumen da tempada, a cal me atrevo a bautizala como: RC Deportivo 2011-2012: Reinando no Inferno", asegura o xornalista Fernando Romeu.