RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A xustiza dá a razón ao Real Club Deportivo no caso Changui

O Xulgado do Social nº 2 da Coruña deu a razón ao Deportivo no caso Changui e desestimou a demanda que o xogador interpuxo ao Club por despedimento improcedente, "absolvendo a esta entidade dos pedimentos da mesma", tal e como reza a sentenza de data 11 d

Changui foi cedido en xuño de 2005 ao Skoda Xanthis de Grecia. Pero o equipo grego despediuno en decembro. Changui marchouse para o seu domicilio en Ribeira e non se incorporou ao Deportivo. O Club deportivista abriulle un expediente informativo, que derivou nun expediente sancionador, polo que o futbolista foi despedido.

Agora, o Xulgado do Social nº 2 deu a razón ao Real Club Deportivo no despedimento do dianteiro galego.