RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertas os despachos de billetes do Palacio dos Deportes este sábado 9 de agosto a partir das 15:00 horas

Este sábado 9 de agosto, día do Teresa Herrera, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 15:00 horas até as 21:00 horas.

Estarán á venda as entradas de público para os partidos correspondentes ao Trofeo Teresa Herrera: 13ª edición feminina (17:00) entre o Dépor ABANCA e SC Braga e a 80ª masculina entre o Dépor e o LE Havre AC (20:00).

As abonados e abonadas do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné.

Os prezos para o público oscilan entre os 20 euros de Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Preferencia Superior e Preferencia Inferior; e os 15 euros de Marathón Superior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.

As entradas tamén poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.