RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertos este domingo 20 de abril desde as 18:00 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor

Este domingo 20 de abril, día do partido ante o CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 18:00 horas.

Están á venda as entradas de público para o encontro ante os tinerfeños, correspondente á 36ª xornada en LaLiga Hypermotion, e as entradas ante o Albacete Balompié do domingo 4 de maio da xornada 38ª tamén ás 21:00 horas.

Os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior (necesario ser abonado desta bancada), Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e na OAD de luns a venres co seguinte horario: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas