RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS21 mar 2025

Abertos este sábado 22 de marzo os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 10:00 horas

Este sábado 22 de marzo, día do partido entre o Dépor ABANCA e a UD Costa Adeje Tenerife Egatesa en ABANCA-RIAZOR, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 10:00 até as 13:00 horas.

Os abonados e abonadas poden retirar en calquera momento a súa invitación obrigatoria e a maiores unha entrada de acompañante en bancada.rcdeportivo.es.

En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.

Tamén están á venda as entradas de público en bancada.rcdeportivo.es ao prezo único de 10 euros.