RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertos este sábado 6 de decembro desde as 10:00 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor

Este sábado 6 de decembro, día do partido entre o Dépor ABANCA e o Granada CF, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 10:00 horas.

Os abonados e abonadas tamén poden retirar a súa invitación obrigatoria en bancada.rcdeportivo.es en calquera momento.

Atendendo ás recomendacións do Regulamento de Televisión da competición, só poderanse adquirir entradas de Preferencia Inferior. En caso de climatoloxía adversa, permitirase ao acceso á Preferencia Superior a aqueles afeccionados que o soliciten.

O prezo da entrada de público é de 10 euros.

Os afeccionados que asistan ao encontro deberán acceder ao Estadio ABANCA-RIAZOR polas portas 14 e 20, sitas na Avenida de La Habana.

Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (20 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.

O horario da OAD é de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:30 horas.