RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertos os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor este domingo 9 de febreiro a partir das 15:30

Este domingo 9 de febreiro, día do partido en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería (18:30), abren desde as 15:30 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Están á venda as entradas de público para o partido cuxos prezos oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 25 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.