Abertos os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor este sábado desde as 14:00 horas
Mañá sábado 1 de febreiro, día do partido do Dépor ABANCA ante a Valencia Féminas CF, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 14:00 horas até o descanso do choque.
Os abonados e abonadas ao Dépor ABANCA xa poden retirar a súa entrada (gratuíta e obrigatoria) e unha para acompañante en bancada.rcdeportivo.es para o partido.
En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.
As entradas de público están á venda online en bancada.rcdeportivo.es ao prezo único de 10 euros.