RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertos os despachos de billetes do Palacio dos Deportes este domingo desde as 18:00

Mañá domingo 22 de decembro, día do partido ante o CD Mirandés (21:00) en ABANCA-RIAZOR, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 18:00 horas até o descanso do partido ante os burgaleses.

Seguen á venda as entradas de público para o citado partido, correspondente á 21ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.

Horario da OAD este nadal

A Oficina de Atención ao Deportivista permanecerá pechada desde o luns 23 de decembro até o mércores 1 de xaneiro de 2025.

O xoves 2 e venres 3 de xaneiro abrirá de novo a OAD as súas portas no seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00.