RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Abreu segue fascinando

Nun partido no que ao descanso fóronse cun 0-1 en contra, Abreu, con dous goles contribuíu á vitoria por 3-1 do San Lorenzo ante o Racing

Un dos goles de penalti cometido sobre el e o outro, un golazo que deixaba o 3-1 definitivo e daba a tranquilidade á afección. Como di o diario deportivo arxentino Olé: "Sebastián Washington Abreu é o ídolo da inchada de San Lorenzo, sen distincións de sexo e idade. Queda demostrado cando Óscar Ruggeri decide substituílo por Guillermo Rivarola. Todos se pairan, todos aplauden, todos gritan o "uruguaio, uruguaio"".

Con estes dous goles o uruguaio encabeza,empatado con Barijho e Palermo de Boca, a táboa de goleadores con 3 goles en 6 partidos no torneo Apertura 2000.