RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, hoxe domingo con triunfos do Xuvenil A e Fabril FC Benxamín

O derbi de veciños entre o Fabril e o Bergantiños CF, este domingo 9 de novembro no campo Arsenio Iglesias foi o partido da fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Non houbo goles nun partido que Manuel Pablo cualificou de "moi pechado".

A boa noticia foi a reaparición de Manu Ferreiro, que xogou os seus primeiros minutos superada unha lesión muscular sufrida a final da temporada pasada.

Completou a xornada o encontro entre o Xuvenil A (na foto principal da noticia) e o TSK Roces que caeu ao lado deportivista por 3-1.

Con este resultado, o equipo que prepara Miguel Figueira suma 17 puntos, situado na 3ª posición da División de Honra, a 3 puntos do liderado.

E en Os Regos (Oleiros) o Fabril FC Benxamín superou por 3-6 ao Santa Cruz CF.

Antes, este sábado 8 de novembro disputáronse o resto de partidos.

En casa o Xuvenil B goleou ao AJ Lérez (9-0) para seguir no ronsel do liderado.

Como visitantes competiron o resto de equipos de ANOSACANTEIRA: o Infantil na Coruña ante o Ural Español CF (1-4), o San Tirso SD Infantil en Ourense ante o Pabellón CF (1-1), o Alevín A na Torre ante o Victoria CF (1-2), o Fabril FC Alevín en Carballo ante o ED Luis Calvo (0-4) e o Benxamín A na Torre ante o Victoria CF (1-8).

O duelo entre o San Tirso SD Cadete e o Cadete na zona alta da División de Honra abriu o pasado xoves o calendario de partidos de ANOSACANTEIRA.

O partido, xogado no Monte, foi para os branquiazuis por 0-1 cun tanto de Gabri aos 48 minutos de partido.

Con este resultado, o Cadete lidera a táboa con 24 puntos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
10ª xornada: FABRIL 0 - BERGANTIÑOS CF 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: XUVENIL A 3 (Lucas Castro, Lucas Regueiro e Álvaro) - TSK ROCES 1

Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 9 (Elías -2-, Gael -2-, Nico, Sabino, Roi, Joaquín e Yago Trigo) - AJ LÉREZ 0

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada (xoves 6): SAN TIRSO SD CADETE 0 - CADETE 1 (Gabri)

Categoría infantil
División de Honra, 8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - INFANTIL 4 (Gael -2-, Álvaro Gómez e un futbolista rival en propia meta)
División de Honra, 8ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yago)

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF 1 - ALEVÍN A 2 (Adrián Liñares e Enzo Fernández)
Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: ED LUÍS CALVO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Leo Barro, Mateo Pastorín, Manu Parada e Martín Martelo)

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF 1 - BENXAMÍN A 8 (Fabio Álvarez -2-, Tomás Sánchez -2-, Ian Lata, Hugo Cancela, Mateo Ramos e Hugo Rey)
Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: SANTA CRUZ CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Izan Mallón -2-, Tomás Lorenzo -2-, Jaime Fraga e Álex Martínez)