RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A Federación Española adianta ás 19:00 horas do xoves 4 de decembro o partido de Copa del Rey en Sabadell

DÉPOR · 14 NOVEMBRO 2025

A FEDERACIÓN ESPAÑOLA ADIANTA ÁS 19:00 HORAS DO XOVES 4 DE DECEMBRO O PARTIDO DE COPA DEL REY EN SABADELL

A Federación Española decidiu adiantar o horario do encontro correspondente á segunda rolda da Copa del Rey entre o Deportivo e a CE Sabadell FC, o xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta.Fixado nun principio ás 21:00, o encontro entre arlequinados e branquiazuis pasa definitivamente ás 19:00 horas.Desta forma, Os Nosos encaran unha semana con visita en liga ao Carlos Belmonte de Albacete o sábado 29 de novembro ás 18:30 e partido en ABANCA-RIAZOR ante o CD Castellón o domingo 7 de decembro ás 18:30 horas.Un rival da zona alta de Primera FederaciónO conxunto catalán milita no grupo 1º da Primera Federación. Actualmente marcha na 5ª posición con 17 puntos.Dépor e CE Sabadell FC víronse as caras na Nova Creu Alta o 22 de outubro de 2023 en partido da 9ª xornada de Primera Federación. Naquela ocasión venceron os branquiazuis por 0-1 con gol de Martín Ochoa aos 7 minutos.O encontro será especial para Antonio Hidalgo, que dirixiu á CE Sabadell FC desde o 3 de abril de 2019 ao 21 de novembro de 2021, cun total de 96 encontros no banco, incluído un ascenso a Segunda División.Na primeira rolda desta edición da Copa del Rey, o Dépor apeou á UD Sámano ao vencer en Castro Urdiales por 1-4 e a CE Sabadell FC á UD Poblense após gañar por 1-2 en La Puebla (Mallorca).