RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Aclaración dos servizos médicos

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo da Coruña queren aclarar algunha información saída estes últimos días en diferentes medios de comunicación referidas a Sergio e a Diego Tristán:

O xogador Sergio solicitou permiso ao club e aos servizos médicos para pasar este fin de semana coa súa familia na súa casa de Barcelona. Nós entendemos que nesta primeira fase da súa lesión, que unicamente se basea en fisioterapia e repouso, é importante a contorna psicolóxica e aproveitar esa contorna para acelerar este proceso. Nós vimos que o futbolista estaba baixo animicamente e decidimos que, dunha forma controlada e en contacto con profesionais de Barcelona que o van a tratar, pase estes días cos seus.

En canto a Diego Tristán, o futbolista expúxonos a súa situación e explicounos que quería porse en mans de Lorenzo Buenaventura, un profesional que o coñecemos dabondo e sabemos a súa experiencia neste tipo de casos. Os Servizos Médicos do Deportivo xa nos puxemos en contacto con el para seguir conxuntamente unhas pautas. Desta forma tamén se aproveitará a proximidade da súa familia para apoiar a un futbolista que tamén está baixo de moral, consecuencia lóxica tras superar unha serie de lesións e caer noutra cando xa estaba a bo nivel.

En calquera caso, a situación con estes dous futbolistas sempre estivo controlada polos Servizos Médicos e o club.