600 nenos e nenas recibiron os seus diplomas na semana grande do DéporCampus Cabreiroá 2025
FUNDACIÓN
A 28 edición do Trofeo Mini Teresa Herrera abre este sabado 9 unha intensa xornada de fútbol en ABANCA-RIAZOR
TERESA HERRERA
A 53 edición da Copa Teide nunha nova semana de pretemporada do Dépor ABANCA
#ASNOSAS
16.829 persoas xa teñen o seu abono do Dépor para a temporada 2025-26
#ANOSAFORZA

Ao peche da temporada regular, Abegondo acolleu esta tarde un momento sinxelo pero especial nas carreiras branquiazuis da Nosa Canteira.
Desde que o fixesen Ian Mackay, Trilli e Noel a principio da temporada 21-22, hoxe tocoulle a quenda a todos os Deportivistas que debutaron co primeiro equipo desde entón: Pablo Brea, Yeremay Hernández, Brais Val, Edu Sousa, Dani Barcia e hai quince días, David Mella.
Un a un percorreron o corredor que separa o vestiario do primeiro equipo do mural ovacionados por todos os seus compañeiros e compañeiras de #anosacanteira. Após recibir a felicitación e os retratos de mans do tres xogadores, que, como eles, figuran no mural: os capitáns do primeiro equipo Álex Bergantiños e Ian Mackay, o lateral coruñés Raúl Carnero, xunto a Fran Gonzalez, xogador con máis partidos na historia do Club e director do fútbol formativo, David Villasuso, director xeral do Club e Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo. Cada futbolista foi o encargado de colocar a súa foto na parede, nun acto que simboliza a dificultade e a satisfacción de chegar ao primeiro equipo. Como reza o propio mural: “segue os seus pasos, fainos teus aí fóra”, unha mensaxe con rostros para todas as persoas que forman parte do día a día da Cidade Deportiva de Abegondo.
Após o acto conxunto, o seis homenaxeados pousaron no campo principal do Abegondo con todos os canteiráns presentes.