RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín e Olaya, primeiras internacionais en reincorporarse aos adestramentos co Dépor ABANCA

Ainhoa Marín e Olaya Enrique foron as primeiras internacionais en reincorporarse aos adestramentos co Dépor ABANCA, esta mañá en Abegondo.

Ambas as futbolistas enfrontáronse onte con España sub-23 a Dinamarca en Las Rozas e ao concluír o amigable emprenderon viaxe de regreso.

Nas próximas sesións das Nosas iranse sumando Pancha Lara, Patrícia Hmírová e Inês Pereira, que xoga esta noite con Portugal en Bélxica.

Precisamente debido aos compromisos das seleccións nacionais houbo parón na Liga F. Lucía Martínez, en rolda de prensa esta mesma mañá, opina que "é bo ter tamén un par de días para descansar. Agora mesmo estamos nunha situación privilexiada porque a dinámica que temos a día de hoxe é moi positiva. Tamén temos que gozar dela. E se a iso súmaslle a posibilidade de ter uns días para alimentarse cada unha a súa mente e a súa vida persoal é moi positivo tamén".