RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Albentosa, Álex e Joselu asinarán o martes en Hipercor Marineda City

O Hipercor de Marineda City acollerá o martes 18 a partir das 19:00 h. a segunda do tres xornadas de encontros de xogadores do Dépor con afeccionados organizadas por Estrella Galicia e que terán o seu punto final o mércores 19 en Eroski de Pérez Cepeda. 9 futbolistas asinarán os pósteres do equipo a todos os afeccionados que o desexen. O tres que o farán o martes son Raúl Albentosa, Álex Bergantiños e Joselu Mato.

Marlos Moreno, Laure e Juanfran foron os encargados de abrir esta serie de encontros o mércores 12 no Hiper Gadis de Bastiagueiro. O mércores 19 Mosquera, Navarro e Arribas pecharán a quenda de firmas en Eroski de Pérez Cepeda tamén a partir das 19:00 horas.