RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Alberto Rodríguez non se incorpora ao Deportivo por falta de acordos administrativos

O Sporting de Lisboa e o Deportivo da Coruña non alcanzaron os acordos administrativos para a incorporación de Alberto Rodríguez ao Deportivo.

Alberto Rodríguez,  finalizou  as probas médicas preceptivas e previas a calquera fichaxe, ademais doutros estudos complementarios, que, precisaron de máis días por razóns técnicas, e tamén porque o futbolista chegou á Coruña aínda en fase de recuperación da lesión que sufriu hai unhas semanas coa súa selección.

Do recoñecemento médico de fichaxe  deduce que o futbolista é apto para a práctica do fútbol profesional para todos os efectos.