RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alevín A e Fabril FC Benxamín abriron hoxe unha fin de semana de torneos en Ribadumia, Torrelavega e Boiro

O Alevín A e o Fabril FC Benxamín abriron hoxe venres en Ribadumia e Torrelavega (Cantabria) unha fin de semana de torneos amigables para #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado entran en xogo tamén o Fabril FC Alevín e o Benxamín A en o Torneo Jealsa Concello de Boiro.

FC Barcelona, Manchester City FC, Valencia CF e Pabellón Ourense CF, primeiros rivais do Alevín A en Ribadumia

O Alevín A quedou encadrado no grupo C na Primeira Fase da XXV edición da Arousa Fútbol 7 que se disputa este ano no complexo deportivo da Senra en Ribadumia.

Hoxe o conxunto branquiazul disputou dous partidos, saldados con derrotas. Mañá esperan o Manchester City e a Valencia CF.

O calendario do equipo deportivista, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 27 de maio
PABELLÓN OURENSE CF 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 0 - FC BARCELONA 3

Sábado 28 de maio
10:50: ALEVÍN A - MANCHESTER CITY FC
18:15: VALENCIA CF - ALEVÍN A

Os tres primeiros de grupo pasan á fase final mentres que os dous restantes xogan unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado ás 19:35 e o domingo 29 de maio.

Dobre representación do Club no Torneo benéfico Jealsa Concello de Boiro

Dous equipos, Fabril FC Alevín e Benxamín A, representarán ao Club no Trofeo Internacional Jealsa Concello de Boiro que se xoga desde mañá no campo de Barraña.

O torneo ten carácter benéfico en favor da Fundación Aladina.

O Fabril FC Alevín quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, co CD Mosconia, EFM Boiro C e CD Unión.

O calendario do equipo fabrilista é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 28 de maio
16:17: FABRIL FC ALEVÍN - CD UNIÓN
20:30: FABRIL FC ALEVÍN - EFM BOIRO C

Domingo 29 de maio
12:50: FABRIL FC ALEVÍN - CD MOSCONIA

Os dous primeiros de grupo accederán a oitavos de final, que comezan ás 15:23.

Pola súa banda, o Benxamín A ten como rivais no grupo A a ED Xuventude de Oroso, Puebla FC, CCD Taragoña e Gondomar CF.

O calendario é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 28 de maio
16:40: BENXAMÍN A - PUEBLA FC
18:35: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
20:07: BENXAMÍN A - CCD TARAGOÑA

Domingo 29 de maio
12:48: BENXAMÍN A - GONDOMAR CF

Os dous primeiros de grupo accederán a oitavos de final, que arrancan ás 15:23.

Primeiro triunfo do Fabril FC Benxamín en Torrelavega

O Fabril FC Benxamín participa desde hoxe venres no Torneo San Bernabé, na localidade cántabra de Torrelavega.

O conxunto fabrilista mídese na primeira fase á SD Solares, Santutxu FC e Betis CF Valladolid. A primeira xornada arrancou con triunfo por 4-1 ao SD Solares.

O calendario do Fabril FC Benxamín, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Venres 27 de maio
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Mateo Carballeira -2-, Thiago López e Javi Meiriño) - SD SOLARES 1

Sábado 28 de maio
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - SANTUTXU FC
16:50: FABRIL FC BENXAMÍN - BETIS CF VALLADOLID

En función da clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha segunda fase.