Alex Bergantiños, capitán do Deportivo, manifestou en zona mixta que "a afección nunca desfaleceu. Na segunda parte empurrou sabendo que tingamos un partido difícil. En todo momento apoiaron. Só queda agradecer e esperar que isto siga así. Quédannos dous partidos aquí importantes e temos que empurrar todos vos xogadores, a equipo, afección".
Así mesmo, Toché subliñou que "facía moito tempo que non viviamos este ambiente. Hanse enchufado connosco e unha pena que non puidésemos darlle unha alegría que todos queriamos".
Finalmente, Sidnei indicou que "a afección sempre estivo connosco, desde o primeiro día que cheguei eu aquí. E hoxe non foi diferente. Só temos que agradecer o que fixeron por nós e o que farán. Con seguridade imos conseguir manter o Dépor onde se merece".