RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Almáchar homenaxeou hoxe domingo a María Ruiz ao bautizar co seu nome o Estadio Municipal

Arroupada por toda a súa familia, despois de pasar moitos meses cada ano lonxe da súa casa, a futbolista do Deportivo ABANCA María Ruiz é profeta na súa terra, o pobo malagueño de Almáchar posto que o Concello da citada localidade andaluza bautizou o seu campo de fútbol co nome de Estadio Municipal María Ruiz Gámez.

O emocionante acto tivo lugar hoxe domingo 26 de decembro e estivo presente a propia Maria Ruiz, de vacacións do Nadal como o resto do cadro do Deportivo ABANCA.

O Alcalde de Almáchar, Antonio Yuste, sostén que a xogadora branquiazul "converteuse nunha gran figura do fútbol feminino e o seu pobo recoñécello neste acto. Á súa curta idade recibirá o premio do seu pobo e o do Concello que a viu nacer e crecer como futbolista. Ademais leva o nome de Almáchar alá onde vai e faio con orgullo".

María Ruiz é unha das habituais no once inicial do Deportivo ABANCA no que vai de temporada e, con sete goles, unha das máximas realizadoras do equipo líder do grupo norte de Reto Iberdrola.