RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álvaro Rey únese esta mañá ao grupo na volta ao traballo do Dépor

Álvaro Rey incorporouse esta mañá ao traballo de grupo na primeira sesión de traballo do Dépor de cara á próxima cita ligueira, o sábado 21 de maio ás 18:30 (Footters e Fuchs-Sports), en horario unificado, ante o Real Valladolid Promesas no Anexo ao Estadio José Zorrilla. Será a 37ª xornada, penúltima, na liga.

O atacante andaluz completou con normalidade todas as tarefas pero os Servizos Médicos branquiazuis agardarán á súa evolución nos próximos días para comprobar se está en condicións de competir a fin de semana en Valladolid.

A xornada arrancou como é habitual após cada día de descanso na sala de vídeo. Borja Jiménez insiste nos aspectos que o equipo ten que mellorar despois de cada partido.

Xa sobre o céspede, o corpo técnico dispuxo un quecemento, un exercicio de posición con porterías pequenas, un partido a tres cuartas partes de campo e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír.

Víctor tivo traballo individualizado mentres que Trilli estivo de permiso hoxe martes. Así pois, Noel, Yeremay, Alberto e Iván Guerrero foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores 18 de maio o Dépor repetirá sesión a partir das 10:30 na Cidade Deportiva.