RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

#ANOSACANTEIRA achegará dous xogadores, Kevin e Manu Berrocal, ao amigable da Selección Española Sub-18 en Italia

De novo as categorías inferiores da selección española fíxanse en #ANOSACANTEIRA.

Se onte Elena Vázquez foi convocada pola Selección Española Sub-17 feminina para un amigable ante Alemaña este xoves 12 de xaneiro en Marbella, hoxe martes o Club recibiu a citación de Kevin Sánchez e Manu Berrocal, futbolistas do Xuvenil A, para un amigable da Sub-18 masculina en Italia o vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 14:30 no Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol en Coverciano.

Ambos os xogadores incorporaranse á concentración española o luns 16 de xaneiro após disputar co Xuvenil Ao seu partido ligueiro na División de Honra ante o CD Lugo en Abegondo o sábado 14 ás 16:30.

Esta citación será a estrea como internacional de Manu Berrocal (Sada, 12 de xaneiro de 2005), lateral zurdo no equipo de Manuel Pablo que leva en #ANOSACANTEIRA desde o primeiro equipo de benjamines. Vai pois pola súa décima temporada en Abegondo.

Esta temporada, Kevin Sánchez xa disputou dous amigables ante Suíza na Cidade do Fútbol coa Sub-18; mentres que o cadete José Rei gañou coa Sub-16 o Torneo Football Federations Cup, trofeo no que participou tamén outro cadete branquiazul, Pablo García, este con a Sub-15.