Hoxe venres, Xuvenil B, Infantil, San Tirso SD Infantil certificaron a súa clasificación para a Fase de Ouro da Oviedo Cup, á que se sumará o Fabril FC Alevín mañá sábado á primeira hora após xogar o seu último partido da Primeira Fase.
Na Ibercup de Cascais (Portugal) o Benxamín A enfróntase mañá en semifinais (09:30) á AC Milan 21 anos despois de que o Dépor eliminase ao conxunto italiano en cuartos de final da Champions League nun dos partidos que pasaron á historia do fútbol europeo.
Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín xogará a final mañá sábado ás 10:30 ante o SL Benfica, despois de eliminar ao Rápido de Pereiró en cuartos de final e ao Málaga CF en semifinais.
Na Torre, o Orzán SD Xuvenil Feminino finalizou o Torneo Irene González Basanta na 4ª posición após caer en semifinais (0-3) co Real Madrid CF.
Así mesmo o Alevín A perdeu co Wolverhampton FC en cuartos de final da Porto International Youth Cup e mañá pelexará polo 5° posto.
Finalmente, hoxe venres debutou o Orzán SD Infantil Feminino na Azpeitia Cup ante o Madrid CFF.
Xuvenil, Infantil e San Tirso SD Infantil xa están clasificados para a Fase de Ouro da Oviedo Cup
Catro equipos de #ANOSACANTEIRA participan na XV edición da Oviedo Cup e o catro (Xuvenil B, Infantil e San Tirso SD Infantil e Fabril FC Alevín) xa están clasificados para a Fase Ouro que se xogará mañá.
O Xuvenil B, en categoría sub-19, venceu hoxe venres ao CD Grujoán (2-0) e CE L'Hospitalet (0-1) e mañá sábado mídese ao CD La Salle (10:30) en oitavos de final da Fase de Ouro.
O calendario do equipo branquiazul, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
REAL AVILÉS CF 0 - XUVENIL B 2 (Guerrero e Zoe)
XUVENIL B 2 (Iago Astray e Noé) - LALIGA ACADEMY 0
Venres 7 de abril
XUVENIL B 2 (Álvaro Otero e Mesfin) - CD GRUJOÁN 0
CE L'HOSPITALET 0 - XUVENIL B 1 (Dani Estévez)
Sábado 8 de abril
Fase de Ouro
Oitavos de final
10:30: XUVENIL B - CD LA SALLE
O Infantil, na categoría sub-14, dobregou ao CF Amposta (0-3) e CD Móstoles URJC (4-0); e certificou así o pase á Fase de Ouro de mañá sábado, co Alboraya UD e CD Calasanz de rivais.
O calendario, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
INFANTIL 8 (Nico, Trigo -3-, Roi -2-, Mateo e Borja) - VERIÑA CF 0
Venres 7 de abril
CF AMPOSTA 0 - INFANTIL 3 (Mateo, Borja e Roi)
INFANTIL 4 (Gael, Roi e Borja -2-) - CD MÓSTOLES URJC 0
Sábado 8 de abril
Fase de Ouro
13:00: INFANTIL - ALBORAYA UD
14:00: INFANTIL - CD CALASANZ
O campión deste grupo pasa a cuartos de final.
O San Tirso SD Infantil, en categoría sub-13, dobregou in ao ADU Carrascal (0-6) e caeu co CD Parquesol (0-1).
A pesar desta derrota, os 'verdes', na Fase de Ouro enfróntanse mañá ao Sporting de Gijón (12:00) e ao Comillas CF (13:00). O campión desta fase xogará os cuartos de final.
O calendario dos 'verdes', co resultado dos xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Sergio Cortizo) - CD COVADONGA 0
Venres 7 de abril
ADU CARRASCAL 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 6 (Pablo Vara, Martín Forján -2-, Raúl -2- e Sergio Cortizo)
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD PARQUESOL 1
Fase de Ouro
Sábado 8 de abril
12:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - SPORTING DE GIJÓN
13:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - COMILLAS CF
Finalmente, o Fabril FC Alevín, en categoría sub-11, a falta do último partido de grupos mañá sábado ás 09:30 co Real Oviedo, xa está clasificado para oitavos de final, que se xogan a continuación.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
CI AMISTAD 0 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (David Gómez, Manu Sande, Hugo Luaces, Álvaro Gómez e Jorge Fernández)
Venres 7 de abril
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Manu Sande -2-, Nacho Villanueva, Hugo Pousa, Hugo Luaces e Brais Martínez)- SD DEUSTO B 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Álvaro Gómez) - JUVENTUD ESTADIO 0
Sábado 8 de abril
09:30: REAL OVIEDO - FABRIL FC ALEVÍN (campo dos Castañales - Luis Oliver 1)
O Orzán SD Xuvenil Feminino acaba na 4ª praza da I edición do Torneo Irene González Basanta
O Orzán SD Xuvenil Feminino compartiu cartel co Real Madrid, SC Braga e Manchester City na I edición do Torneo Irene González Basanta, na Cidade Deportiva da Torre.
Hoxe venres, o Real Madrid impúxose (0-3) ás orzanistas en semifinais após unha Primeira Fase celebrada onte xoves.
Así pois, o Orzán SD Xuvenil Feminino acaba a competición na 4ª praza.
Os resultados do equipo que dirixe César Conde foron os seguintes:
Xoves 6 de abril
Primeira Fase
SC BRAGA 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 0
MANCHESTER CITY 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 0
REAL MADRID 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 0
Venres 7 de abril
Semifinal
ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 - REAL MADRID CF 0
O Alevín A cae en cuartos de final da Porto International Youth Cup
O Alevín A, que se adxudicou o pasado martes o torneo da Erizana CF en Baiona, participa en Portugal na II edición da Porto International Youth Cup.
Na Fase de Grupos hoxe venres, os pupilos de Alberto Suárez cultivaron unha derrota ante o FC Porto (4-0) e un triunfo fronte ao Prestige Football Academy (0-1).
En cuartos de final, o equipo deportivista non puido (3-5) co Wolverhampton FC. Mañá sábado, os branquiazuis pelexarán pola quinta praza.
O calendario de partidos do Alevín A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Xoves 6 de abril
ALEVÍN A 12 (David Ramos, Thiago Montes -4-, Mario González -2-, Yael López -3-, Manu Alcázar e Adrián Fernández) - GONDOMAR SC 1
SPORTING CP 1 - ALEVÍN A 1 (Daniel Alonso)
VITÓRIA SC 1 - ALEVÍN A 1 (Thiago Montes)
Venres 7 de abril
FC PORTO 4 - ALEVÍN A 0
PRESTIGE FOOTBALL ACADEMY 0 - ALEVÍN A 1 (Thiago Montes)
Cuartos de final
ALEVÍN A 3 (Antón Vilariño, Mario González e Yael López) - WOLVERHAMPTON FC 5
Sábado 8 de abril
Postos do 5° ao 8°
09:00: ALEVÍN A - LION CITY
Benxamín A e Fabril FC Benxamín, entre os mellores da Ibercup de Cascais
Dous equipos de #ANOSACANTEIRA integran o cartel da Ibercup que se disputa en Cascais (Portugal).
O Benxamín A, campión o pasado luns do Torneo Semana Santa - Trofeo Lugo Express, eliminou en oitavos ao CF CADE luso, en cuartos ao Bundesliga Hawaii e mañá sábado ás 09:30 mídese en semifinais á AC Milan.
O calendario branquiazul, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Mércores 5 de abril
BENXAMÍN A 3 (Alejandro Astray, Pablo Márquez e Elías Granell) - CF OS BELENENSES A 0
Xoves 6 de abril
BENXAMÍN A 2 (Alejandro Astray e Hugo Quintela) - SC BRAGA 4
REALE SC 2 - BENXAMÍN A 10 (Miguel Candal -2-, Alejandro Astray, Mateo Carballeira, Pablo Sánchez -2-, Pablo Márquez -2-, Hugo Bujía e Thiago López)
Venres 7 de abril
Fase Final
Oitavos de final
BENXAMÍN A 4 (Thiago López -2-, Miguel Candal e Elías Granell) - CF CADE 1
Cuartos de final
BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal -2-, Alejandro Astray, Thiago López e Hugo Bujía) - BUNDESLIGA HAWAII 0
Sábado 8 de abril
Semifinal
09:30: BENXAMÍN A - AC MILAN
Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín pelexará mañá polo ouro co SL Benfica (10:30) após superar en cuartos de final ao Rápido de Pereiró e en semifinais ao Málaga CF.
O calendario fabrilista, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Mércores 5 de abril
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Alberto Novo, Andrés Valencia e Leo Lorenzo) - SL BENFICA 3
Xoves 6 de abril
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Mateo Songo'o -2-, Leo Lorenzo e Jorge Víboras) - SELECT USA 1
CF OS BELENENSES 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Leo Lorenzo -2-, Jorge Víboras -2-, Raúl e Breogán Díaz)
Venres 7 de abril
Fase Final
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Leo Lorenzo -2- e Mateo Songo'o) - RAPIDO DE PEREIRÓ 2
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Alberto Novo) - MÁLAGA CF 0
Final
Sábado 8 de abril
10:30: FABRIL FC BENXAMÍN - SL BENFICA
O Orzán SD Infantil Feminino iniciou hoxe a Azpeitia Cup de fútbol 8
O Orzán SD Infantil Feminino arrincou a súa participación na Azpeitia Cup, nos campos municipais de Azpeitia (Guipuzkoa), na modalidade de fútbol 8.
O conxunto orzanista mediuse hoxe na Primeira Fase ao Madrid CFF; e mañá sábado xogará co CD Lagun Onak B, CF Torelló e Mulier FCN.
O calendario do Orzán SD Infantil Feminino, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Venres 7 de abril
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - MADRID CFF 3
Sábado 8 de abril
11:00: LAGUN ONAK B - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo 1)
16:30: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - CF TORELLÓ
17:30: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - MULIER FCN
Segundo clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, o domingo 9 a partir das 09:00 horas.
Fabril FC Alevín e Benxamín A dominaron en Lugo
O Fabril FC Alevín e o Benxamín A gañaron a III edición do Torneo Semana Santa - Trofeo Lugo Express no Municipal Rodríguez Lago 2.
Os fabrilistas, ante rivais con xogadores un ano maiores, fixéronse coa medalla de ouro o pasado martes. Ademais, Felipe Varela foi o mellor porteiro e Nacho Villanueva foi nomeado mellor xogador.
Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes:
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Nacho Villanueva -2-, Seita -2-, David Gómez e Martín López) - ACD PIRINGALLA 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (David Gómez -2-) - UD SANTA MARIÑA 2
ATLÉTICO ABUÍN 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Nacho Villanueva, David Gómez, Seita e Martín López)
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nacho Villanueva) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Iván Gil) - CD CALASANZ A 1
Final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Iván Gil) - PABELLÓN OURENSE CF A 0
Así mesmo, o Benxamín A colgouse a medalla de ouro o luns, co deportivista Alejandro Astray galardoado como mellor xogador.
Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:
Primeira Fase
BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal -3-, Xiao Fontao e Hugo Bujía) - ACD PIRINGALLA 1
BENXAMÍN A 2 (Miguel Candal e Alejandro Astray) - CD CALASANZ 0
RACING VILLALBÉS 0 - BENXAMÍN A 6 (Hugo Quintela -2-, Pablo Sánchez, Miguel Candal, Mateo Carballeira e Leo Delle)
Cuartos de final
BENXAMÍN A 5 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal, Thiago López e Mateo Carballeira) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
Semifinais
BENXAMÍN A 6 (Xiao Fontao -2-, Alejandro Astray, Hugo Bujía, Leo Delle e Hugo Quintela) - CD LUGO 2
Final
BENXAMÍN A 4 (Thiago López, Miguel Candal, Hugo Bujía e Alejandro Astray) - RC CELTA 2
O Alevín A, campión do XI Torneo Erizana CF en Baiona
O Alevín A adxudicouse a XI edición do Torneo Erizana CF, competición que se desenvolveu en Baiona (Pontevedra) o pasado martes.
Escola Fútbol DSF, Porriño Industrial FC e Bertamiráns FC foron os rivais branquiazuis na Primeira Fase, con partidos de 25 minutos de duración.
Os resultados do Alevín A foron os seguintes:
Primeira Fase
ALEVÍN A 0 - BERTAMIRÁNS FC 0
PORRIÑO INDUSTRIAL FC 0 - ALEVÍN A 4 (Mateo Varela, Yael López, Antón Vilariño e Nico Torres)
ALEVÍN A 5 (Mario González-3-, Yael López e So) - ESCOLA FÚTBOL DSF 1
Oitavos de final
ALEVÍN A 2 (Leo Sánchez e Mario González) - ERIZANA CF 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 6 (Yael López -2-, So, Daniel Alonso, Mario González e Manu Alcázar) - UD SANTA MARIÑA 0
Semifinal
ALEVÍN A 3 (Mario González e Iker Obeso -2-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3. A penaltis: 3-1
Final
ALEVÍN A 1 (Iker Obeso) - RC CELTA 0
