RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

#ANOSACANTEIRA marcha de torneos por España e Europa

Concluídas as competicións oficiais, os diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA, desde xuvenís a benxamíns, pasando polo Deportivo ABANCA B, encaran unha fin de semana de torneos amigables por España e Europa.

Colonia (Alemaña), Xenebra (Suíza), Nantes (Francia) ou Ponte de Lima (Portugal) son algunhas das cidades europeas que visitarán os canteiráns branquiazuis nos próximos días. A elas únense Calamocha (Teruel), Torrelavega (Cantabria), Sarria ou Abegondo en España.

A cidade francesa de Nantes acolle a Xuvenil B e Dépor ABANCA B

O Xuvenil B, subcampión da Liga Nacional, e o Deportivo ABANCA B participan en Nantes (Francia) na International Rezé Football.

O Xuvenil B quedou encadrado no grupo B con estes rivais na Primeira Fase: FC Nantes, AEPR Rezé, América Mineiro Brasília, RC Strasbourg e AJ Auxerre.

O calendario é o seguinte:

Venres 3 de xuño
12:00: XUVENIL B - FC NANTES (campo A)
16:00: AEPR REZÉ - XUVENIL B (campo B)

Sábado 4 de xuño
10:00: XUVENIL B - AMÉRICA MINEIRO BRASÍLIA (campo A)
14:00: RC STRASBOURG - XUVENIL B (campo S)
17:00: XUVENIL B - AJ AUXERRE (campo B)

Os dous primeiros xogan as semifinais mentres que o resto encarará unhas eliminatorias para decidir a posición final.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B enfróntase ao PSG, AS Saint-Étienne, FC Nantes, EA Guingamp e GF Vertou Sorinières, segundo este calendario:

Venres 3 de xuño
10:00: FC NANTES - DEPORTIVO ABANCA B (campo A)
14:00: EA GUINGAMP - DEPORTIVO ABANCA B (campo B)
17:00: DEPORTIVO ABANCA B - GF VERTOU SORINIÈRES (campo B)

Sábado 4 de xuño
11:00: DEPORTIVO ABANCA B - AS SAINT-ÉTIENNE (campo A)
15:00: DEPORTIVO ABANCA B - PSG

O Dépor repite presenza no Torneo San Bernabé con Cadete e Infantil

Se a pasada fin de semana era o Fabril FC Benxamín o que participaba na XI edición do Torneo San Bernabé en Torrelavega (Cantabria), esta fin de semana tócalle a quenda ao Cadete, flamante campión galego, e Infantil.

O Cadete ten como rivais na primeira fase ao CD Grupo Antolín, Astur CF e CD Solares, con este calendario:

Venres 3 de xuño
19:50: CADETE - CD GRUPO ANTOLÍN, no campo Malecón 1

Sábado 4 de xuño
13:40: CADETE - CD ASTUR, no campo de Malecón 1
18:40: CADETE - CD SOLARES, no campo de Malecón 1

Segundo clasificación, dispútase a continuación unha Segunda Fase.

Pola súa banda, o Infantil enfróntase en primeira instancia a CD Monte, CF Fuenlabrada, Marina de Cudeyo CF e Danok Bat.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Venres 3 de xuño
20:40: INFANTIL - CD MONTE, no Malecón 1

Sábado 4 de xuño
9:30: CF FUENLABRADA - INFANTIL, no Malecón 1
17:00: INFANTIL - MARINA DE CUDEYO CF, no Malecón 1
19:30: INFANTIL - DANOK BAT, no Malecón 1

Segundo clasificación, dispútase a continuación unha Segunda Fase.

O Torneo Vila de Ponte de Lima de Portugal examina ao Alevín A

O Torneo Vila de Ponte de Lima examina as prestacións do Alevín A. O cadro branquiazul medirase na Primeira Fase á Academia Guiné, Sporting CP e SC Braga, estes dous clubs dos máis importantes de Portugal.

O calendario do Alevín A é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 4 de xuño
10:20: ACADEMIA GUINÉ - ALEVÍN A
16:30: ALEVÍN A - SPORTING CP
19:10: SC BRAGA - ALEVÍN A

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais mentres que o resto de equipos xoga un partido para dirimir a posición no torneo, todo iso o domingo 5 de xuño a partir das 9:30 horas.

O Fabril FC Alevín regresa á Jamón Cup de Calamocha (Teruel)

Como sucedeu en anos anteriores, o Fabril FC Alevín regresa á localidade turolense de Calamocha para participar na 6ª edición da Jamón Cup que se xoga no campo de Jumaya.

Na Primeira Fase, no grupo D, o conxunto fabrilista mídese ao Minifútbol Torrelodones, CF Amposta, Valencia CF, CD Teruel e UD Montecarlo, con este calendario:

Primeira Fase
Sábado 4 de xuño
11:30: MINIFÚTBOL TORRELODONES - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
12:30: CF AMPOSTA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
18:00: VALENCIA CF - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
19:30: CD TERUEL - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)

Domingo 5 de xuño
9:00: UD MONTECARLO - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 11:30.

Xenebra, sede da Meyrin Cup para un equipo alevín do Dépor

Un equipo alevín do Dépor xoga a Meyrin Cup na cidade suíza de Xenebra.

Os clubs do Meyrin FC 2, FC Bulle e FC Tours serán os rivais deportivistas na Primeira Fase, que ten este calendario o sábado 4 de xuño:

Primeira Fase
8:30: FC TOURS - DEPORTIVO (campo 2)
10:00: FC BULLE - DEPORTIVO (campo 3)
11:30: DEPORTIVO - MEYRIN FC 2 (campo 1)

Segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase.

Dous torneos, sábado e luns, para o Fabril FC Benxamín en Alemaña

O Fabril FC Benxamín disputará dous torneos na súa viaxe esta fin de semana a Alemaña.

O primeiro deles será o sábado 4 de xuño, a Pfingstcup en Colonia, con estes rivais iniciais: Stuttgarter Kickers, STA Genk e SW Köln I.

O calendario é o seguinte:

9:36: FABRIL FC BENXAMÍN - STA GENK
10:12: STUTTGARTER KICKERS - FABRIL FC BENXAMÍN
11:06: SW KÖLN I - FABRIL FC BENXAMÍN

En función da súa clasificación, o Fabril FC Benxamín accederá posteriormente a unha Segunda Fase.

Pola súa banda, o luns 6 de xuño o equipo fabrilista disputa a Horrem Cup co Berliner AK, Horremer SV U10, Horremer SV U9, SV Rosellen, SSV Bergisch Born, SC Reilingen e SV Olympiadorf München como rivais.

O calendario do cadro fabrilista é o seguinte:

9:00: FABRIL FC BENXAMÍN - BERLINER AK
9:15: HORREMER SV U10 - FABRIL FC BENXAMÍN
9:30: HORREMER SV U9 - FABRIL FC BENXAMÍN
9:45: FABRIL FC BENXAMÍN - SV ROSELLEN
10:00: SSV BERGISCH BORN - FABRIL FC BENXAMÍN
10:15: FABRIL FC BENXAMÍN - SC REILINGEN
10:30: SV OLYMPIADORF MÜNCHEN - FABRIL FC BENXAMÍN

Un equipo infantil branquiazul acode o domingo ao Memorial Pedro Canoa de Sarria

Un equipo infantil do Dépor participa o domingo 5 de xuño na XII edición do Memorial Pedro Canoa no campo da Ribela da vila lucense de Sarria,

SCD Milagrosa, SDCyR Narón O Freixo e EF Polvorín son os rivais iniciais no grupo A.

O calendario é o seguinte:

Primeira Fase
9:30: SDCyR NARÓN O FREIXO - INFANTIL (campo 2)
11:10: EF POLVORÍN - INFANTIL (campo 2)
12:50: INFANTIL - SCD MILAGROSA (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Final mentres que os dous equipos restantes xogarán unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 16:10.

A Hitachi Air Abegondo Cup, cita o domingo para o Benxamín A

O Benxamín A compite este domingo 5 de xuño no campo do Monte, en San Tirso, na Hitachi Air Abegondo Cup.

O cadro deportivista quedou encadrado no grupo 1 co ED Luis Calvo, ED Val Miñor e Rupe Sahagún.

O calendario do Benxamín A é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - ED LUIS CALVO
12:30: BENXAMÍN A - ED VAL MIÑOR
15:00: BENXAMÍN A - RUPE SAHAGÚN

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrancan ás 17:00 horas.