RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

ANOSACANTEIRA recibiu o premio en ABANCA-RIAZOR, incluído o título de hoxe do Infantil na División de Honra

A atención en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado estivo no partido do Infantil en Vigo ante o UD Santa Mariña, correspondente á última xornada na División de Honra.

Os branquiazuis chegaban a esta cita con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta, que recibía no seu campo á mesma hora ao CD Areosa.

Aos deportivistas éralles suficiente un empate para ser campións, posto que o golaverage particular cos célticos estaba gañado.

Meu dito meu feito. O Infantil rabuñou un punto (2-2) que vale un título, outro máis para #ANOSACANTEIRA.

Ademais en Abegondo houbo derbi na División de Honra cadete (0-3) aínda que con todo decidido: o Dépor campión e o RC Celta subcampión.

Completou a xornada o partido do San Tirso SD Infantil na Coruña ante o Ural Español CF (5-3), sen nada en xogo.

Hoxe tamén tocou celebración para #ANOSACANTEIRA en ABANCA-RIAZOR no descanso do partido entre o Dépor e a Real Unión de Irún. Precisamente Rafael Louzán, Presidente da Federación Galega, aproveitou a rolda de prensa esta semana con motivo da presentación da Final de campións de Primera RFEF para felicitar a #ANOSACANTEIRA "polos trofeos e títulos desta temporada".

Así, o Xuvenil A recolleu ou título de campión da División de Honra; o Xuvenil B, da Liga Nacional; o Cadete, da División de Honra; e o Infantil, o citado tamén na División de Honra.

No campo Río Seco de Narón, tres equipos participaron na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8. O Alevín A e o Benxamín A accederon como campións da Primera A Coruña mentres que o Fabril FC Benxamín, como 3º.

O Alevín A e o Benxamín A proclamáronse campións desta fase e acceden así á Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8.

Para hoxe domingo queda un único encontro, a visita do San Tirso SD Cadete ao Rápido de Bouzas no campo Baltasar Pujales (12:20).

Finalmente, o futbolista do Xuvenil A Amin Mustapha está concentrado atá mañá coa selección de Marrocos sub-20 con motivo da disputa de dous amigables ante a República Democrática do Congo, o segundo mañá sábado.

E as deportivistas Elena Vázquez, Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Yaiza García, Noelia Mayo, Laura Santos, e Emma Gandoy están concentradas en Madrid coa selección galega sub-17 na Fase de Oro do Campionato de España por autonomías. Mañá domingo pelexarán por ser campioas de España da categoría.

Coa selección galega sub-15 proclamáronse campioas da Fase de Plata do Campionato de España por autonomías as orzanistas Antía Veiga, Daniela Macedo e Claudia Sande.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa da Coruña Feminina, cuartos de final (mércores 22): SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 1 (Yanis Citoula)

Categoría cadete
División de Honra, 33ª xornada: CADETE 0 - RC CELTA 3
División de Honra, 33ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD CADETE, mañá domingo 26 de maio ás 12:20 no campo Baltasar Pujales (Vigo)

Categoría infantil
División de Honra, 30ª xornada (última): UD SANTA MARIÑA 2 - INFANTIL 2 (Iago Varela e Daniel)
División de Honra, 30ª xornada (última): URAL ESPAÑOL CF 5 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Ferreiros e Gandarela -2-)

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 1 (Narón)
Sábado 25 de maio
Primera Fase
CD LUGO 0 - ALEVÍN A 1 (David Gómez)
ALEVÍN A 4 (Iván Gil, Hugo Luaces, Martín López e Álvaro Gómez) - EF CARNOTA 0
ALEVÍN A 1 (Hugo Macedo) - CD CONXO SANTIAGO 0
BERTAMIRÁNS FC 1 - ALEVÍN A 3 (Manu Sande -2- e Rui Caamaño)

Final
ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez -2-) - CD CALASANZ 0

Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 2 (Narón)
Sábado 25 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Alberto Novo e Adrián Liñares) - ED XUVENTUDE DE OROSO 2
BERTAMIRÁNS FC 1 - BENXAMÍN A 2 (Mateo Cardelle e Álex Casado)
BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo -2- e Leo Lorenzo -2-) - FABRIL FC BENXAMÍN 0
XALLAS FC 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -2-, Adrián Liñares, Antón Fernández, Mateo Cardelle e Alberto Novo)

Final
BENXAMÍN A 3 (Leo Lorenzo -2- e Alberto Novo) - VICTORIA CF 0 

Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 2 (Narón)
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - BERTAMIRÁNS FC 1
XALLAS FC 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
DEPORTIVO 4 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Joel Losada, Nico Castro e César Leira) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

 

 

/* Bot imbee */