RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga enfróntase este mércores a Francia nos oitavos de final do Mundial sub-17

-Foto@rfef.es

 

Antía Veiga, con España sub-17, enfróntase en oitavos de final do Campionato do Mundo a Francia este mércores 29 de outubro ás 16:30 (hora galega) no complexo Football Academy Mohammed VI en Sale.

O encontro será retransmitido en directo a través de Teledeporte.

As francesas, segundas no grupo D, venceron na Primera Fase a Samoa (4-2) e Nixeria (0-1); e caeron ante Canadá (2-1).

Pola súa banda a canteirá (na foto na fila do medio a terceira futbolista empezando pola dereita) e as súas compañeiras pecharon a primeira parte do torneo de maneira impecable no seu grupo: 3 vitorias en 3 partidos, 9 puntos de 9 posibles, con 12 goles a favor e 0 en contra.

O calendario de España sub-17, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primera Fase
Domingo 19 de outubro
ESPAÑA 4 - COLOMBIA 0

Mércores 22 de outubro
ESPAÑA 5 - REPÚBLICA DE COREA 0

Sábado 25 de outubro
COSTA DE MARFIL 0 - ESPAÑA 3

Oitavos de final
Mércores 29 de outubro
15:30 (hora local, 16:30 en Galicia): ESPAÑA - FRANCIA

Antía Veiga leva até a data 3 partidos xogados como titular no Deportivo ABANCA B de Segunda Federación.