RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga xa está de regreso en Abegondo após o seu paso pola selección española sub-17, á que volverá o luns 22 de setembro

Antía Veiga xa está de regreso en Abegondo após o seu paso pola selección española sub-17, que estivo concentrada na localidade alacantina de Alfaz del Pi para un partido amigable ante Inglaterra.

A canteirá non tivo minutos de xogo no encontro, resolto a favor das españolas por 1-0.

Esta concentración serviu para preparar a Copa Mundial Feminina sub-17 da FIFA que se celebrará en Marrocos entre o 17 de outubro e o 8 de novembro.

Precisamente a próxima semana, Antía Veiga participará en máis adestramentos deste combinado nacional tamén en Alfaz del Pi.

A porteira deportivista incorporarase o luns 22 de setembro a esta nova concentración, que se prolongará até o mércores 24.

Antía Veiga, que chegou en cadetes a #ANOSACANTEIRA, acaba de renovar o seu contrato polo RC Deportivo até xuño de 2028.

A pasada fin de semana, a internacional branquiazul foi titular no encontro de Segunda Federación do seu equipo, o Dépor ABANCA B, en Getxo ante o Bizkerre Club.