RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Antón Vilariño adéstrase estes días coa selección española sub-15

Antón Vilariño xa se adestra coa selección española sub-15 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

O defensa central estará con este combinado nacional até este xoves 28 de agosto.

Antón Vilariño, que está a facer a pretemporada co Cadete, chegou a ANOSACANTEIRA ao Fabril FC Benxamín.

A temporada pasada no Infantil de División de Honra xogou 27 partidos, 25 deles como titular, e anotou 6 goles.

O canteirán xa sabe o que é vestir a camiseta nacional porque a campaña pasada foi convocado pola selección española sub-14 para dous partidos amigables ante Qatar e Irlanda do Norte tamén en Alfaz del Pi.