RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Antonio Fontenla en Localia TV: ''O Deportivo situou á Coruña no mapa mundial''

O Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, aseguró no programa “Sen reviravoltas”, o espazo de entrevistas de Localia presentado por José Luís Gómez e Mónica Martínez, q

"-Bo, e quédanos o Dépor... ¿Cre que o equipo ascenderá esta tempada?
-Eu creo que si, estou case convencido, tanto é así que fixen socio ao meu neto de 6 anos e lévoo xa para facelo sufridor… Eu creo que o Deportivo se empeza a asentar… Os últimos resultados foron mellores, máis satisfactorios.

-Pero sabe que é moi difícil ascender o primeiro ano?
-Si, pero tamén era moi difícil meterlle 4 goles ao Milán e gañarlle aos francees… Eu creo que o Dépor fixo cousas moi importantes. Eu é que ademais creo que ao Deportivo debémoslle moito, porque cando un viaxa polo mundo e pregúntanlle de onde é e tratas de dar explicacións, a xente di: ‘Ah, do Dépor, do Super Dépor'. Situou A Coruña no mapa mundial, por iso é fundamental que o Deportivo poida recuperar o seu gran auxe.

-¿Cre que as institucións da Coruña están con Lendoiro, de verdade, de verdade…?
-Eu creo que o que houbo foi excesivo personalismo por ambas as partes…

-¿E iso ten solución?
-Está a cambiar unha parte e na outra non hai acordo.