RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "A falta de 15 xornadas estamos nunha posición moi boa, cun obxectivo marcado que a día de hoxe estase cumprindo con fartura"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "nos gañamos por propio dereito estar na situación na que estamos".

Admitiu que "hai momentos no que o xogo non foi todo o fluído que deberiamos. Se imos a outro tipo de datos o equipo está a render a un gran nivel. Eu quédome con iso sabendo que hai aspectos que temos que mellorar".

O técnico deportivista asegura que "tentamos ser todo o protagonistas que podemos. A partir de aí hai un rival que xoga, que che expón diferentes situacións".

Cre que "somos conscientes, nós os primeiros, que temos que mellorar con balón pero estamos onde se nos marcou a principio de temporada, no obxectivo; sendo conscientes da dificultade da categoría".

Insiste en "focalizar a enerxía sempre no positivo sabendo que hai moitas cousas que podemos mellorar" e subliña que "a falta de 15 xornadas estamos nunha posición moi boa, cun obxectivo marcado que a día de hoxe estase cumprindo con fartura".

Do partido ante a Real Sociedad B deste domingo 1 de marzo ás 14:00 no Estadio Zubieta (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) opina que "se xogue en Zubieta ou en Anoeta non vai cambiar nada. A nosa motivación é máxima ante un rival que vén de 3 vitorias consecutivas, cunha enerxía tremenda, que nos vai a someter a moita tensión sobre todo na súa primeira liña de presión, que van arriscar moito nesa presión. Son xogadores moi dinámicos con moita mobilidade. Están nese pico de confianza importante e iso teremos que tentar minimizalo".