Traballo de finalizacións e táctica para un Dépor que, "a parte de Yeremay todo o mundo está ben"
Unha tarefa de finalizacións e un exercicio táctico foron as tarefas principais do Dépor este venres 27 de febreiro no Dépor Training Center.
"A parte de Yeremay, todo o mundo está ben", subliñou Antonio Hidalgo na sala de prensa.
O técnico deportivista explicou que Ximo Navarro "o primeiro día da semana non adestrou por precaución. Onte xa realizou practicamente toda a sesión e está todo o mundo dispoñible".
Do atacante canario, sancionado para o partido deste domingo 1 de marzo ás 14:00 (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) ante a Real Sociedad B, Antonio Hidalgo confirma unha "pequena lesión muscular nun aductor. Encima coa sanción podemos aproveitar para que teña un pouco máis de descanso, poder coidalo un pouco máis. Esperemos que sexa o menos posible".
O preparador branquiazul advirte que "hai que esperar a súa evolución. Esas molestias víñaas arrastrando durante ao ano e con este parón imos tentar recuperalo da mellor maneira".
Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA.
Este sábado, Os Nosos adiantan media hora o adestramento, que comezará ás 10:00 en lugar da as 10:30 posto que ao concluír, os convocados por Antonio Hidalgo partirán de viaxe por estrada a San Sebastián.