Nova sesión no Depor Training Center para Os Nosos, "preparados para gañar o partido" en Zubieta
Os Nosos completaron unha nova sesión de adestramento no Dépor Training Center e, segundo afirmou Zakaria Eddahchouri na sala de prensa, "preparados para gañar o partido" deste domingo 1 de marzo ás 14:00 horas (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) no Estadio Zubieta.
Iso si, o dianteiro holandés advertiu que o encontro "non será fácil ante mozos xuvenís pero estamos preparados para conseguir un bo resultado".
Antonio Hidalgo dispuxo, após unha activación, un exercicio de transicións ofensivas, unha tarefa táctica e un partido para concluír.
Con Yeremay con traballo personalizado, Quique Teijo e Bil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Este venres 27 de febreiro, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.