RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos actívanse após uns días de respiro

Os Nosos regresaron este luns 24 de febreiro pola tarde ao Dépor Training Center despois dunhas xornadas de respiro.

O corpo técnico dispuxo unha suave sesión de activación consistente fundamentalmente nun quecemento, unha roda de pases e un xogo de posición.

Desta forma, o cadro pon rumbo ao encontro ante a Real Sociedad B previsto para este domingo 1 de marzo ás 14:00 (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) en Zubieta.

Yeremay, Ximo Navarro e Loureiro estiveron esta xornada con adestramento personalizado.

Así mesmo, Noé e Bil, titulares o pasado domingo co Fabril no seu partido de liga ante o CD Numancia de Soria, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este mércores o Dépor volve ao horario matinal, cun adestramento que arrincará ás 10:30 horas nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center.