RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor comeza a perfilar o seu plan para o Estadio Zubieta

Antonio Hidalgo comezou este mércores 25 de febreiro a perfilar o plan de partido para o Estadio Zubieta deste domingo 1 de marzo ás 14:00 horas (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) ante a Real Sociedad B.

Así, o técnico dispuxo un exercicio táctico no campo 2 do Dépor Training Center despois dunha activación, rondos e un xogo de posición con porterías pequenas.

A sesión acabou con partidos de fútbol reducido e unha tarefa física simultánea, dada a semana longa de traballo.

Ximo Navarro e Yeremay están con traballo personalizado, mentres que Hugo Ríos, Bil, Quique Teijo e Fabi foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este xoves 26 de febreiro Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.