Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "nos últimos partidos demos un paso adiante. Somos un equipo moito máis equilibrado agora mesmo en moitas facetas".
Iso si, o técnico deportivista advirte que "iso xa non volve. Hai que seguir empuxando, apertando, crendo, indo ao límite. Lembrámolo todos os días porque a categoría está moi igualada, todo o mundo xógase algo e temos que ser moi conscientes da situación".
Ten claro que "é o momento de seguir competindo, de seguir analizando aos rivais, analizando o mínimo detalle, estar en alerta en cada momento de cada partido".
O preparador branquiazul lembra que a posición de ascenso directo que o Dépor alcanzaría se gaña en El Alcoraz este domingo 12 de abril ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) á SD Huesca debido aos enfrontamentos directos na zona alta, "cando vale é no último partido de liga. Agora mesmo vaiche situando, e é o que temos que seguir facendo para seguir vivos e loitar por todo até o final. Así é como afrontamos o partido".
Antonio Hidalgo insiste en que "o obxectivo sempre foi o de loitar por estar entre os 6 primeiros. Temos que estar vivos para todos os obxectivos. A partir de aí hai un obxectivo principal que é estar entre os 6 primeiros. Iso é o que che dá dereito ao seguinte, a ir aos poucos, paso a paso. Coa igualdade que hai hoxe parece unha cousa, dentro doutra semana pode parecer outra. Nese vaivén de emocións, coa igualdade que hai, cos enfrontamentos directos que hai unha chea de aquí ao final, imos ver como vai quedando todo iso".
Nesta liña, recalca que "ese dereito de loitar por todo gañámosnolo entre todos. Velo no día a día na cidade, en ABANCA-RIAZOR. Iso é o que nos ten que empuxar pero sobre todo con moita humildade".
Finalmente, ante unha SD Huesca en posicións de descenso, alerta de "a dificultade que ten todo isto, como compite cada equipo, como compite calquera contra calquera. Estiven 2 anos en Huesca e sei como senten, sei como van competir. É moi importante saber o tipo de partido que temos que xogar, como temos que xogalo, coa intensidade que hai que xogalo e coa concentración coa que hai que xogalo".
