RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor ultima o plan de partido para El Alcoraz con "as cousas claras, que iso é importante"

O Dépor ultimou no campo 2 do Dépor Training Center o plan de partido para a visita á SD Huesca deste domingo 12 de abril ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en El Alcoraz.

Adrià Altimira afirmou ao recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de marzo que "aos poucos se vai vendo un gran equipo. Xa temos as cousas claras, que iso é importante".

"Vaise vendo o estilo de xogo que imos tendo. Somos máis fiables tanto ofensiva como defensivamente", engadiu.

Iso si, admite que "hai que ir puíndo pequenos detalles pero o equipo está contento, o staff tamén. Estamos contentos coa dinámica que estamos a coller. E a seguir así".

O polivalente futbolista catalán opina que "isto nos vai a axudar a afrontar os últimos partidos, que van ser moi importantes".

A xornada arrincou cunha activación e un exercicio de posición con porterías pequenas en espazo reducido.

Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA, con só Mella con traballo personalizado.

Este venres, Os Nosos realizarán a última sesión da semana no Dépor Training Center posto que o sábado 11 de abril, o equipo adestrarase ás 17:30 na Base Aragonesa de Fútbol, cidade deportiva do club oscense.